CRTVG

Buscar

Nove contaxiados por coronavirus en dous gromos en Barbadás

Publicado o 13/08/2020 20:48

Coñecemos tamén dous novos gromos no concello ourensán de Barbadás e monitorizados pola Conselleria de Sanidade. Por agora, segundo informa a área sanitaria de Ourense son 9 persoas de dúas familias diferentes as que deron positivo, están con síntomas leves e illadas nos seus domicilios. Tamén desde o centro de detención están localizados os seus contactos estreitos e realizaránselles as probas PCR.

Como medidas preventiva Sanidade restrinxe as visitas e saídas das dúas residencias sociosanitarias e o centro de día. O alcalde non dedbota tomar novas medidas de haber máis casos positivos. Por agora, tranquilidade entre a poboación.

Con estes novos casos son 8 as repuntas na provincia de Ourense. Onte faleceu un home de 90 anos con patoloxías previas do gromo de Vilar de Barrio. Asi, son 60 os positivos na área de Ourense, só 2 ingresados e ningún na UCI e 58 pacientes continuan en seguemento domiciliario.

Rafael Monte, director asistencial da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte di que as novas son favorables e que, cando menos, parece que o gromo está acoutado. Non se agarda que a repunta vaia a máis.

Os seis positivos e outras 50 persoas permanecen confinadas en Castro de Rei. Na Mariña, quedan uns 30 casos activos polo que se considera que entrou xa en fase de resolución.

Noticias web

13/08/2020