CRTVG

Buscar

Nove concellos, no nivel máximo de restricións a partir do vindeiro sábado

Publicado o 03/08/2021 21:40

• As medidas aplicaranse nos municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo 

• Boiro, Cambados e O Barco de Valdeorras baixan ao nivel alto

Nove concellos situaranse no nivel máximo de restricións fronte á covid a partir do sábado, 7 de agosto. Trátase de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. A decisión transcendeu a última hora da tarde deste martes, tras a reunión do comité clínico. 

Nivel alto de restricións

Por outra banda, tamén hai novidades nos concellos do nivel alto. Aplicaranse as medidas correspondentes en Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Nivel medio

Os seguintes concellos rexeranse polas medidas do nivel medio: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes,  Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo,  Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

O resto de municipios mantéñense no nivel medio baixo.