CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Novas trampas contra a avespa asiática a base de zume de arandos e ácido acético

Publicado o 29/09/2017 14:20

Zume e ácido en trampas ao sol. É a última arma que están a ensaiar en Soutomaior contra a avespa asiática. Poñen un envase nunha árbore con atraente, que é o zume de arandos, e tamén ácido acético. Canto máis lle dea o sol, máis potencia colle o aroma, e máis velutinas se achegan.
Colócanos en áreas rurais para protexer as abellas autóctonas.

Na loita contra a praga da avespa asiática empregáronse moitos métodos. No concello de Soutomair apostan agora polas trampas con atraente, zume de arandos e ácido acético. O dispositivo chama a atención do insecto invasor e atráeo para que quede no interior.

Xa se repartiron 100 trampas e 250 botes de líquido atraente entre os veciños, sobre todo no rural. O obxectivo é protexer as colmeas de abellas ás que a avespa asiática ataca.

Unha avespa pode capturar entre 25 e 50 abellas ao día, de aí a grande ameaza que representan. Nunha primeira fase xa retiraron 125 niños de velutina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí