CRTVG

Buscar

A Comunidade de Madrid aumenta as restricións no ámbito social

Publicado o 04/09/2020 20:52

Dos 4.500 novos contaxios da Covid-19, uns 1.150 corresponden a Madrid, seguida de Andalucía e Aragón que suman arredor de 300 cada unha. Con estas cifras, a Comunidade de Madrid pisa o acelerador das medidas restritivas para tentar controlar a expansión do virus. As vodas celebraranse sen baile, sen aperitivos e sen barra libre, e cunha redución da ocupación do 75% ao 60%. Limitación que se aplica tamén a enterros, tanatorios, igrexas ou espazos de ocio. Na hostalería, novidade para garantir a distancia de seguridade.

A comunidade madrileña contratará mil restrexadores máis e fará dous millóns de tests rápidos. En Castela-A Mancha, decretouse o confinamento de Bolaños de Calatrava, ante o acelerado aumento de casos nos últimos días. É a segunda localidade desta comunidade onde se toman esta drástica medida, pendente da ratificación xudicial.

En Aragón xa volveron á nova normalidade, pero o Goberno continúa coa limitación de capacidades ao 75% na hostalería e mantén pechado o ocio nocturno.

En Euskadi, o número de casos tamén sobe nas últimas 24 horas, con 100 positivos máis ca na xornada anterior. Dous deles son contaxios dos axentes da comisaría de Vitoria.

Os rastrexadores militares ofrecidos polo Goberno ás comunidades autónomas comezarán a operar a partir do luns na Comunidade de Madrid, Valencia e Murcia.

Noticias web

04/09/2020