CRTVG

Buscar

Novas restricións na área de Ferrol, que suma 136 novos contaxios

Publicado o 01/11/2020 14:58

A hostalería concentrouse na praza de Armas, en silencio. Para a maioría, a situación é insostible. Piden axudas directas para salvar un sector que esmorece. Algunhas cafeterías xa non abirán este luns.

En Ferrol e tamén en Fene, Neda e Narón, as cafeterías só poden servir nas terrazas, reducidas ao cincuenta por cento da súa capacidade. Os restaurantes traballan a medio gas. Unicamente poden atender a metade das mesas.

Son as novas restricións para tratar de frear a evolución imparable do coronavirus na área sanitaria de Ferrol, que suma 930 casos activos. A cifra resulta preocupante se a comparamos cos datos de hai un mes. Daquela había 128 pacientes con infección activa. O número de hospitalizados ascende a 29. Hai oito pacientes en coidados intensivos.

Nas últimas horas as probas PCR confirmaron 136 novos casos, 72 máis ca os diagnosticados onte.

Noticias web

01/11/2020