CRTVG

Buscar

Novas probas apuntan ao irmán de Carcaño e reabren o caso de Marta del Castillo

Publicado o 14/02/2020 15:28

Nun auto ditado este venres, o titular do xulgado número 4 de Sevilla estima a petición que lle fixo esta mesma semana Antonio del Castillo e ordénalles ás forzas de seguridade do Estado que comproben a veracidade das probas que achega a familia de Marta.

"Temos a pelexa, os motivos polo que foron, un posible descubrimento dunha fraude e falsificación de documento", di o pai de Marta.

Os novos indicios darían veracidade á enésima versión ofrecida por Miguel Carcaño, en que apunta a seu irmán, Francisco Javier Delgado, como autor do asasinato para intentar agochar un delito de estafa e falsidade na hipoteca para a súa vivenda de Sevilla.

"Isto vale para darlle unha veracidade e unha causa e darlle unha credibilidade que antes non tiña".

No auto, o xuíz tamén lle pide á policía que investigue as novas pistas para intentar atopar o cadáver da menor, asasinada en 2009.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020