CRTVG

Buscar

Comparecencia ás 11 do conselleiro de Sanidade para explicar as novas medidas

Publicado o 19/01/2021 08:15

Con estes 55 concellos en que se van endurecer as medidas restritivas, serán 115 os que están no nivel máximo. Máis do 70 % da poboación galega. Todos teñen peche perimetral individual, por tanto, non se poderá saír ou entrar neles salvo para cuestións esenciais. Queda prohibido atender no interior dos locais; só se poderá no exterior. Nos concellos con grandes superficies comerciais, limítase ao 30 % a súa capacidade.

O comité clínico adopta estas medidas tras constatar a preocupante evolución epidemiolóxica. Achégase aos 500 casos por cen mil habitantes en 14 días e volveron superarse os mil novos contaxios diarios. Preocupa especialmente a presión en atención primaria e nos hospitais. Hai 739 persoas ingresadas, 104 en coidados intensivos.

Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Os expertos piden non baixar a garda porque, cren, o peor pode estar por vir.

Xabier Cid, responsable da UCI do CHUO: "Na primeira semana de febreiro podemos incluso pasar do número de doentes da primeira vaga".

Por iso apelan á responsabilidade individual.

Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O conselleiro de Sanidade comparece ás once para detallar o que se debateu na reunión de onte do comité clínico. Entre outros asuntos, se se barallan máis restricións á actividade hostaleira ou o posible adianto do toque de recollida. Esta cuestión tratarase mañá co ministerio na reunión do Consello Interterritorial de Saúde.

Noticias web

19/01/2021