CRTVG

Buscar

Novas manifestacións en Francia con disturbios contra a lei de seguridade

Publicado o 05/12/2020 18:51

A protesta en Francia contra a lei de seguridade do Goberno de Macron seguiu este sábado en case 90 cidades do país. Houbo altercados na manifestación de París. Celebráronse malia que o executivo anunciou a intención de reformar os aspectos máis polémicos do proxecto.

Ademais, saíron ás rúas os sindicatos contra a precariedade no emprego. As diferentes convocatorias tiveron importantes medidas de seguridade que non evitaron os disturbios en París. Houbo polo menos 22 detidos cando grupos de radicais incendiaron coches e levantaron barricadas, ademais de esnaquizar mobiliario urbano e escaparates de comercios.

A policía utilizou gases lacrimóxenos ante o lanzamento de proxectís por parte dos manifestantes.






 

Noticias web

05/12/2020