CRTVG

Buscar

Novos gañadores do Campionato Galego de Coctelería

Publicado o 25/03/2019 23:17

Esta tarde desenvolveuse en Santiago unha nova edición do Campionato Galego de Coctelería. Dúas mozas e dez mozos tiveron que demostrar a súa destreza tras dunha barra cos combinados.

Nesta edición, á número 18, amais do trofeo ao mellor cóctel con augardente de Galicia, acábanse de entregar os dous que permiten ir ao campionato español, que clasifica para o campionato mundial.

Este ano, os mellores barman de Galicia son un santiagués de 33 anos e un lugués de 25.



 

Noticias web

25/03/2019