CRTVG

Buscar

Esta semana retómanse as declaracións no caso Déborah Fernández

Publicado o 07/01/2020 10:16

O Xulgado Número 2 de Tui retoma as declaracións de testemuñas relacionadas co caso da desaparición e morte da moza viguesa Déborah Fernández.

Seis persoas están citadas para este xoves a petición da Fiscalía e dos avogados da familia da vítima. Con estas novas comparecencias, serán en total 16 os interrogatorios practicados en sede xudicial desde a reapertura do caso, a finais do pasado ano. Na súa maioría, estas persoas xa compareceran perante a policía, pero o caso quedou pechado en 2010.

A familia agarda que esta nova volta da investigación remate coa imputación da persoa ou persoas responsables. O corpo sen vida de Déborah Fernández apareceu oculto nunha gabia no Rosal, días despois da súa desaparición en Samil en abril de 2002.

Noticias web

07/01/2020