CRTVG

Buscar

A fin de semana deixa novas concentracións e liortas na movida nocturna de Santiago

Publicado o 27/09/2021 14:25

Son varios os lugares de Galicia onde a diversión nocturna se está a converter nun problema. Esta fin de semana volveu haber enfrontamentos no ensanche compostelán. As concentracións de mozos ás portas dos locais de ocio nocturno repetíronse durante a fin de semana en Santiago. Desta volta a policía tivo que dispersar unhas 500 persoas amoreadas nas rúas Alfredo Brañas e República do Salvador, onde a noite se saldou con varias liortas con feridos.

Malia que a presenza policial é constante, os veciños aseguran que non é suficiente e láianse do estado no que quedan as entradas ás vivendas. Desde a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela cren que, de permitirlles volver á normalidade de ocupacións e horarios, poderían evitarse estas concentracións. 

O Concello reforzará os dispositivos policiais nas zonas máis conflitivas para controlar e proceder a sancionar os infractores co fin de evitar concentracións e incidentes como os desta semana.

Noticias web

27/09/2021