CRTVG

Buscar

Novas caras e máis tempo para a análise e as entrevistas nos servizos informativos da TVG

Publicado o 11/09/2017 18:07

Os informativos da Televisión de Galicia renóvanse pero seguen apostando pola información de proximidade e sempre atentos ós intereses da audiencia.

A mañá informativa comeza ás 8:00 co 'Bos Días', que chega con caras novas. Ana Pérez, Marcos Sueiro e Francisco López Iglesias son os conductores deste programa.

Sevi Martínez continúa á fronte da Revista. As conexións en directo seguen a ser a marca de identidade deste espazo que conta xa cun público fiel.

As dúas menos cuarto chega o 'Galicia Noticias' con Marga Pazos que dará paso ó 'Telexornal Mediodía' no que Marta Darriba nos materá ó tanto das novas máis destacadas nacionais e internacionais. 

Ás 20:30 volve a actualidade co 'Telexornal Serán', que presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano.

A información continúa na fin de semana. Pilar Landín dará o Bos Días, María Solar guiaranos na Revista e Irene Lourido contiuará á fronte do telexornal. Os cambios chegan ós informativos pero cunha clara línea de continuidade.

Novos informativos e novas caras para seguir ofrecéndolles toda a información e da mellor calidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2017