Novas axudas para levar Internet de alta velocidade ás zonas máis illadas de Galicia
Publicado o 24/01/2018 15:07
Novas axudas para levar Internet de alta velocidade ás zonas máis illadas de Galicia. A Axencia para a modernización tecnolóxica acaba de lanzar unha convocatoria de axudas a operadores para chegar a núcleos de menos de 150 habitantes. É un dos obxectivos fixados para este 2018, en que tamén se quere completar a conexión a Internet de velocidade ultrarrápida nos 81 polígonos industriais da comunidade.