CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Novas ameazas dos furtivos aos gardas da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro

Publicado o 12/02/2018 20:52
Os gardas da confraría de Cabo de Cruz xa non poden máis. Din que as ameazas de morte e as agresión dos furtivos que actúan na zona son cada vez máis frecuentes. O último incidente que denunciaron produciuse onte mesmo.

Foi na praia do Chazo onde atoparon os furtivos. Cando lles pediron que entregaran o marisco un deles levantou un sacho e pegoulle no peito. Os gardas din que non é un caso extraordinario, senón un episodio máis dos que sofren a diario.

Vixían desde Praia Xardín ata Mañóns, case 17 quilómetros de costa. Barraña e a desembocadura do río é unha dos lugares preferidos polos furtivos que actúan na zona. Algúns deles, dinnos, pertencen a unha banda organizada que traballa a pesar de ter unha orde de afastamento das praias. Os gardas séntense indefensos.

No Nadal ou durante o verán os furtivos poden gañar 8.000 euros en tres meses. Os vixiantes afirman que non teñen nin medo a ser identificados.

Na confraría de Cabo de Cruz traballan oito gardas. Dous deles están actualmente de baixa.

Telexornal Serán

12/02/2018