CRTVG

Buscar

Nova zona de hospitalización de oncopediatría no Hospital Materno Infantil da Coruña

Publicado o 22/01/2018 14:59

O Hospital Maternoinfantil da Coruña inaugura unha nova zona de hospitalización de oncopediatría e rehabilitación cardiovascular pediátrica. As novas instalacións, financiadas pola Fundación María José Jove, servirán para mellorar a calidade asistencial aos nenos. 

Os esforzos dos profesionais da Sanidade diríxense a reducir ao mínimo as hospitalacións pediátricas. Pero hai patoloxías, como é o caso das oncolóxicas, que precisan de maiores tempos de ingreso. As novas instalacións do hospital Materno Infantil da Coruña servirán para mellorar a calidade da asistencia que reciben os nenos pero tamén facilitarán o acompañamento familiar nestes casos.

As novas instalacións hospitalarias tamén acollerán un proxecto científico innovador no campo cardiovascular no que o Complexo da Coruña é centro de referencia nacional. Nel van participar distintas especialidades médicas que tratarán de determinar os beneficios do exercicio físico en determinadas patoloxías infantís.

Noticias web

22/01/2018