CRTVG

Buscar

Nova Zelandia pon en corentena a principal cidade ao rexistrar 4 positivos

Publicado o 11/08/2020 18:49

Nova Zelandia pon en corentena a principal cidade do país. Auckland rexistrou este martes 4 contaxios nunha mesma familia. Son as primeiras infeccións locais despois de 3 meses sen ningún caso novo.

A primeira ministra do país reaccionou pechando as escolas, prohibindo as reunións de máis de 10 persoas e obrigando a poñer a máscara aos case dous millóns de habitantes da cidade.

Noticias web

11/08/2020