CRTVG

Buscar

Nova York pechará as escolas públicas polo aumento de casos de covid-19

Publicado o 18/11/2020 22:10
Nova York pechará as escolas públicas polo aumento de casos de covid-19

O alcalde de Nova York, Bill de Blasio, declarou este mércores que a cidade, que ten o maior distrito educativo dos Estados Unidos, pechará as súas escolas a partir de mañá xoves por "precaución" debido ao aumento de casos de covid-19.

De Blasio escribiu a súa conta de Twitter que a Gran Mazá alcanzou un 3 % de positividade nun prorrateo de sete días, o "límite" establecido para dar marcha atrás á apertura híbrida das escolas, polo que os centros "estarán pechados mañá".

"Debemos loitar contra a segunda onda de covid-19", agregou o primeiro edil nun sucinto mensaxe despois de tres horas e media de espera para a súa conferencia de prensa diaria, á que non se presentou.

Noticias web

18/11/2020