CRTVG

Buscar

Polo menos sete mortos en Nova York tras o paso do furacán Ida

Publicado o 02/09/2021 09:28
EFE

Polo menos oito persoas morreron como consecuencia das fortes tormentas que sacoden nas últimas horas os estados de Nova Jersey e Nova York, na costa Leste dos Estados Unidos, segundo informaron este xoves fontes policiais.

Na cidade de Nova York, que está en situación de emerxencia, producíronse sete dos falecidos, mentres no estado próximo de Nova Jersey morreu unha máis. As tormentas forman parte dos remanentes do furacán Ida que, xa degradado a tormenta, atravesou a parte leste do país desde que entrou polo estado de Mississippi e Luisiana, onde causou graves inundacións e polo menos seis mortos.

Nova York declarou nas primeiras horas deste xoves o estado de emerxencia despois de que a rexión nordés dos Estados Unidos rexistrase intensas choivas e ventos dos restos de Ida, que causaron importantes inundacións. Na cidade de Nova York, practicamente todas as liñas do metro quedaron suspendidas ao ser asolagado por auténticas riadas e fervenzas de auga que caían tanto polas escaleiras das estacións como polos teitos dos túneles.

 

Noticias web

02/09/2021