O Goberno retoma a negociación dos ERTE cos axentes socias
Publicado o 22/06/2020 08:38
A unha semana de que remate o prazo, Goberno e axentes sociais retoman a negociación dos ERTE. Pode que esteamos diante da derradeira oportunidade.
A xuntanza do pasado xoves rematou coas posturas aínda moi afastadas. O Ministerio de Traballo insiste en prolongar as axudas ata o 30 de setembro con algunhas modificacións. Os empresarios reclaman que se estendan ata finais de ano, sobre todo para sectores coma o turístico.
Os negociadores si que acordaron que os traballadores de empresas con ERTE non poidan facer horas extraordinarias e que estas empresas tampouco poidan externalizar servizos.