Alcoa volve convocar os traballadores en busca dun acordo que desatoe o conflito
Publicado o 11/01/2021 09:02
Nova xuntanza ás dez desta mañá de Alcoa cos traballadores da planta de San Cibrao, en Lugo. A dirección da empresa convovounos a un encontro por vía telemática, despois do fracaso das negociacións o xoves pasado.
Volverán intentar un achegamento para a posible venda da factoría mariñá á SEPI. A multinacional esixe a desconvocatoria da folga indefinida para seguir negociando. Os representantes dos traballadores ofrecen "paz social temporal" durante sete semanas.