CRTVG

Buscar

Ningún falecemento nos hospitais galegos nun día de descenso leve dos casos activos

Publicado o 05/06/2020 20:47
Ningún falecemento nos hospitais galegos nun día de descenso leve dos casos activos

Os hospitais galegos non comunicaron este venres, por segundo día consecutivo, ningún falecemento, despois de notificar as dúas últimas vítimas mortais ligadas coa pandemia do coronavirus o martes e o mércores desta semana. Polo tanto, o total de falecidos con covid-19 en Galicia mantense en 618.   

Deste xeito, o Sergas constata que desde o inicio da pandemia morreron 486 persoas en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores.

Nas últimas 24 horas só baixou en seis o número de casos activos de coronavirus en Galicia, que ascenden a 563, con subidas e baixadas leves nas distintas áreas sanitarias.

Nas residencias hai 28 usuarios e 21 traballadores enfermos.

Por áreas sanitarias, a distribución de casos é a seguinte:

• Vigo: 195 (+2).

• A Coruña: 132 (-7).

• Santiago: 114 (+2).

• Ourense: 51 (-1).

• Lugo: 37 (-1).

• Ferrol: 18 (-2).

• Pontevedra: 16 (+1).

Mantense un paciente na UCI, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e outros 26, tres máis ca onte, ingresados en unidades hospitalarias. Pero a maior parte dos afectados, 536, están no seu domicilio.

A cifra de altas incrementouse en 30 persoas máis, co que o Sergas contabiliza a día de hoxe 10.178 persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 148.150.