CRTVG

Buscar

Nova xornada sen falecementos por covid-19 en Galicia cun descenso de casos activos

Publicado o 06/06/2020 15:23

Os hospitais galegos non comunican ningún morto por coronavirus este sábado por terceira xornada consecutiva. Así, o total de falecementos pola covid-19 segue en 618 persoas mortas. Deles 132 son decesos en residencias de maiores e outros 142 derivados a residencias integradas ou a hospitais.

Nas últimas 24 horas baixaron nunha vintena o número de casos activos por coronavirus, que quedan en 542, dos que 515 están en seguimento hospitalario.

Por áreas sanitarias 124 pacientes son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 en Pontevedra, 196 da de Vigo, 110 en Santiago e 14 en Ferrol. Só 1 dos ingresados permanece na UCI e 26 en unidades de hospitalización.

Un total de 10.221 persoas xa recibiron a alta desde o comezo da pandemia. O número de tests PCR realizados é de 149.242.