CRTVG

Buscar

Nova xornada de ringleiras polas probas do covid-auto no Meixoeiro

Publicado o 15/09/2020 16:48

Pois precisamente as colas para facer as probas do covid-auto de Vigo causaron un monumental atasco na entrada do Meixoeiro.

Entrar e saír do hospital foi case imposible polas ringleiras de coches, que chegaron mesmo ao concello veciño de Mos. Os condutores quedaron bloqueados ata dúas horas con retencións que chegaron á A-55, bloqueando un dos principais accesos á cidade.

Sanidade xa tivo que enviar hai días ao Cunqueiro o profesorado para facer as probas e desconxestionar o acceso a Vigo.

Noticias web

15/09/2020