Nova xornada de protestas violentas dos chalecos amarelos en París
Publicado o 16/03/2019 18:45
Os episodios violentos volveron ás protestas dos chalecos amarelos en Paris. Después de semanas de declive, o movemento dos chalecos amarelos trataba de cobrar un novo impulso este sábado cunha gran manifestación na capital francesa na que axiña se rexistraron os primeros incidentes. Segundo as imáxes que chegan do centro de París, os primeiros enfrontamentos ocorreron cando algúns manifestantes trataron de atacar un camión da Xendarmería mentres outros erguían barricadas.