CRTVG

Buscar

A frota de baixura convoca para este venres unha protesta contra o novo regulamento de control da UE

Publicado o 13/05/2021 17:47
A frota de baixura convoca para este venres unha protesta contra o novo regulamento de control da UE

Este venres, ás doce do mediodía, está convocada unha nova xornada de protesta da frota de baixura en todos os portos galegos contra o novo regulamento de control que pretende impoñer a Unión Europea.

A obriga de que todas as embarcacións estean xeolocalizadas ou de rexistrar as capturas electronicamente, tamén as mariscadoras e os percebeiros, son algunhas das medidas que maior rexeitamento concitan.

Desde a Federación Galega de Confrarías piden que se modifique o regulamento ou que se exclúan del, por inviable, as embarcacións de menos de 12 metros. Din que esta normativa se fixo sen coñecer a realidade da frota artesanal.

Noticias web

13/05/2021