CRTVG

Buscar

Nova xornada de mobilizacións con bolsas de lixo en Barcelona

Publicado o 20/10/2019 22:06

Nova xornada de mobilizacións en Cataluña, van sete. Esta tarde no chamado Picnic pola República o protagonismo foi para as bolsas de lixo. Barcelona viviu unha nova xornada de mobilizacións despois da xornada pacífica de protestas de onte.

Ás seis da tarde comezaba o Picnic pola Republica. 2.700 persoas, segundo a Garda Urbana, chegaron á Delegación do Goberno de Barcelona, moitos con bolsas de lixo, que foron tirando ao outro lado do valado de protección instalado polos Mossos d'Esquadra.
Segundo manifestaron queren amosar así "en que vertedoiro de porquería se converteu o estado español" e insistiron en que eles "son xente de paz".

Chegada a noite, o himno de Cataluña, Els Segadors, resoou nesta concetración da rúa Mallorca, e deuse por finalizada a protesta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019