CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nova xornada de folga dos estibadores

Publicado o 07/06/2017 14:59

Segunda xornada da folga da estiba. Nos portos galegos o seguimento é próximo ao cen por cento e o día transcorre sen incidencias. Vigo, un dos portos máis afectados, só recibiu un buque neste día de paro. Para mañá poderían chegar sete barcos ao peirao vigués.

Desde a Autoridade Portuaria temen unha acumulación de traballo que podería comezar a afectar a subministración das empresas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí