CRTVG

Buscar

Nova xornada de disturbios nas rúas de Belfast

Publicado o 09/04/2021 08:54
Nova xornada de disturbios nas rúas de Belfast

As protestas continúan en Belfast, Irlanda do Norte, tras máis dunha semana de disturbios na rúa. Son accións protagonizadas principalmente por rapaces de grupos de unionistas partidarios de permanecer dentro do Reino Unido. A frustración polas consecuencias do brexit e o cansazo polas medidas anticoronavirus desencadearon esta revolta en parte da comunidade protestante norirlandesa.

Máis de 50 policías e un fotógrafo feridos, mobiliario urbano queimado e o secuestro e incendio dun autobús urbano é o balance provisional dos disturbios. Os axitadores buscan agora o choque coa comunidade católica nacionalista nas zonas que dividen ambos os bandos de Belfast.

Noticias web

09/04/2021