Nova vitoria na OK Liga do Deportivo Liceo 4-0 contra o Voltregá
Publicado o 09/10/2021 21:52
Logo dun primeiro tempo sen goles, os de Juan Copa amosáronse máis efectivos tralo paso polos vestíarios. Jordi Adroher, no minuto cinco da segunda metade, abría a lata tras unha xogada de Álex Rodríguez. Adroher, decisivo no aspecto goleador no que levamos de temporada, fixo o segundo transformando unha falta directa. A acción acabou coa resistencia dun Voltregá que apañou dous goles máis. Un de César Carballeira e outro de Adroher, tamén a bola parada, no día da volta de Dava Torres logo da súa lesión.