CRTVG

Buscar

Nova reunión telemática de presidentes autonómicos con Sánchez, Illa e Montero

Publicado o 24/05/2020 09:14
Nova reunión telemática de presidentes autonómicos con Sánchez, Illa e Montero

Desde as dez da mañá celébrase unha nova videoconferencia, a undécima, de presidentes autonómicos co presidente do Goberno, para analizar os efectos da pandemia e un día antes de que moitos territorios pasen á fase 2 da desescalada, o que permitirá nesas comunidades a apertura de cines, teatros, así como o acceso ao interior de bares e cafeterías, cunha serie de condicións.