CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nova reunión do proxecto Raia Termal para fomentar o turismo termal transfronteirizo

Publicado o 16/03/2018 14:59
Seguen a desenvolverse as reunións do proxecto europeo Raia Termal.

O obxectivo é poñer en valor os recursos termais e turísticos dos concellos ourensáns de Bande, Muíños, Lobios e Cortegada e dos portugueses lindeiros de Melgaço e Terras de Bouro. Este proxecto de cooperación transfronteiriza ten un investimento de 2 millóns 700 mil euros. As actuacións supervisadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil inclúen, entre outras, a recuperación das termas, a construción dunha área de autocaravanas, o acondicionamento de sendeiros fluviais e o tratamento das augas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí