CRTVG

Buscar

Goberno e Ciudadanos reúnense esta mañá para tratar novos acordos sobre a pandemia

Publicado o 03/08/2020 10:52

O Goberno reúnese esta mañá, no Palacio da Moncloa cunha delegación de Ciudadanos, para tratar novos acordos sobre a pandemia do coronavirus.

A vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, e o voceiro adxunto no Congreso, Edmundo Bal, abordarán asuntos relacionados cos gromos da Covid-19, e farán unha avaliación das medidas sociais e económicas aprobadas para paliar os seus efectos, así como posibles cambios lexislativos.

Será a segunda reunión que manteñen ambalas partes para tratar sobre estes asuntos, despois dun primeiro encontro que se celebrou o mes de xuño pasado.

 

Noticias web

03/08/2020