CRTVG

Buscar

Nova reunión de traballo sobre o futuro do porto da Coruña

Publicado o 13/09/2021 14:59

Catro administracións, Xunta, Concello, Autoridade Porturaria e Portos do Estado volveron reunirse para seguir avanzando nese acordo de compra dos terreos portuarios acadado a finais do pasado mes de agosto. Deron un paso máis e acordaron asinar un convenio no que se recolle ese compromiso de compra entre as catro administracións, con anualidades ata o 2050, así como a creación dunha comisión porto-cidade.

Segundo a conselleira de Infraestruras e Mobiliadade, ten que ser un traballo inmediato para non perder as oportunidades que nos dan os fondos Next Generation, senón tamén as distintas convocatorias de fondos europeos, que temos que ter os documentos maduros, precisos, para poder acudir a esas convocatorias.

Noticias web

13/09/2021