Nova reunión da mesa multilateral sobre a venda de Alcoa
Publicado o 28/08/2020 14:40
A dirección de Alcoa convocou este mediodía unha reunión para abordar a venda da planta de San Cibrao.
Participan o Goberno central, a Xunta e os traballadores, de xeito telemático. É a segunda reunión deste tipo e coincide coa finalización da primeira fase do proceso de venda a Liberty House.
De momento, houbo un contacto inicial entre as dúas compañías, que matizaron os termos xerais da venda. Nos próximos días visitarán a fábrica para realizar unha auditoría.