CRTVG

Buscar

Dez detidos nunha redada contra o tráfico de drogas con epicentro no Vao

Publicado o 13/02/2019 19:34

Medio cento de axentes da comisaría de policía de Pontevedra e da Unidade de Droga e Crime Organizado participaron nunha redada no Vao, no concello de Poio, en zonas limítrofes e no Salnés e Arousa. No poboado chabolista do Vao, coñecido como supermercado da droga do sur de Galicia, rexistraron dúas casoupas e detiveron tres persoas. Ao mesmo tempo fixeron rexistros en Vilaboa, Vilanova, Sanxenxo e outros puntos da comarca arousá, vencellados aos clans do Vao.

En total hai dez detidos en todas as localidades onde se realizou a operación. Buscábase dar un golpe contra a venda de droga a media escala e a distribución a pequena escala, sobre todo de heroína e cocaína. Nela participaron cans especializados e un helicóptero.

O suceso coincidiu coa morte dun veciño do Vao. Segundo a policía, non tivo nada que ver cos rexistros, xa que o home sufriu un infarto e faleceu de camiño ao hospital. A última actuación neste poboado foi en outubro pasado. Daquela a Garda Civil descabezou catro clans da droga e detivo 23 persoas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019