CRTVG

Buscar

As Pontes maniféstase contra o peche da central de Endesa

Publicado o 14/01/2020 08:56

Nova xornada de mobilización nas Pontes contra o peche de Endesa. Os traballadores da central e das auxiliares manteñen un paro de 24 horas e recibiron o apoio de veciños, comerciantes e hostaleiros, que tamén pararon ao mediodía para manifestarse.

As Pontes volve saír á rúa a reclamar alternativas de emprego ante o peche de Endesa, que afecta 700 familias e por extensión toda a comarca.

Na protesta tamén participaron membros do Goberno municipal e do BNG. Os traballadores, dinlle ao novo Goberno que xa non está en funcións, que actúe.

Saben que non haberá marxe para o carbón. A súa esperanza é que a central siga funcionando cun combustible alternativo. Haberá novas probas en marzo.

Coincidindo coa protesta, o delegado de Endesa, José Bogas, dixo nun foro económico que agardan que funcione algún deses combustibles alternativos para poder manter activa polo menos parte da central.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020