Nova pista sobre Antonio Anglés: un mariñeiro do City of Plymouth asegura que o fuxitivo viaxaba como polisón
Publicado o 06/09/2021 15:06

Antonio Anglés é un dos fuxitivos máis buscados do mundo, polo secuestro e asasinato de Desirée, Toñi e Miriam, o chamado crime de Alcàsser. A investigación policial acaba de achegar novas pistas sobre a súa fuxida. Polo crime de Alcàsser só foi xulgado e condenado un dos acusados, Miguel Ricart. Antonio Anglés conseguiu fuxir e unha das sospeitas era que saíu do país a bordo dun barco.
O xornal valenciano 'Las Provincias' revela agora que a Policía Escocesa tomou declaracións de novo a un dos oficiais que viaxaba neste buque con destino a Irlanda. Este mariñeiro recoñece sen ningún xénero de dúbidas que Antonio Anglés viaxaba como polisón e conseguiu fuxir na baía de Dublín, en marzo de 1993.