CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Nova Nursia': a aventura de frei Rosendo Salvado cos aborixes

Publicado o 14/06/2018 17:10

E sobre o Miño, na vella Ponte Internacional atopamos tamén a Héctor Cajaraville, o autor de 'Nova Nursia'.

A novela parte de Tui. Nesta cidade naceu frei Rosendo Salvado en 1814. Cajaraville visisita a súa casa natal. Pero sabemos quen era frei Rosendo Salvado?

Tamén era coñecido como músico, organista, pianista, compositor de numerosas obras para teclado e, por exemplo, unha misa. Era un home con moitos intereses.

Trouxo unhas sementes de eucalipto a Galicia hai máis dun século pero dende logo que non se pode pode considerar responsable do seu cultivo abusivo.

Nas antípodas, os australianos son máis conscientes da altura deste personaxe e da súa obra.

'Nova Nursia' pode lerse tamén coma unha novela de aventuras, tantas coma as vicisitudes que lle aconteceron ao frade.

Porén, frei Rosendo Salvado nunca esqueceu Tui nin Galicia.

Frai Rosendo Salvado é un dos grandes personaxes do século XIX.
'Nova Nursia', de Cajaraville, publicado por edición Xerais, quere lembrárnolo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

14/06/2018