CRTVG

Buscar

Nova lei sobre o pan: a norma trata de evitar as fraudes ao consumidor

Publicado o 30/04/2019 22:21

Nos últimos anos proliferaron os pans de múltiples ingredientes. Pans artesáns, integrais, de cereais e ata de sabores. A nova lei do pan, recentemente aprobada polo Goberno, trata de poñer orde na confusión existente ata o de agora para o consumidor.
Pans de multicereais, de masa madre, con pasas e ata con chocolate. E así comezou a confusión.

A falta de claridade levou ao Goberno a actualizar a normativa existente, que databa dos anos 80, e aprobar unha nova lei da calidade do pan. O novo Real Decreto regula o que se pode etiquetar como pan artesán, en que prima o factor humano, e aclara conceptos como que é masa madre. Requisitos que si cumpren os pans tradicionais galegos como o de Carral.

A nova lei tamén establece condicións máis estritas para consideralo integral, esixindo que o 100% da fariña empregada sexa integral. Amais estende o pan común ao elaborado con fariñas distintas á de trigo. Amplíanse así os pans que se van beneficiar do tipo reducido de IVE do 4%.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019