CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Nova fin de semana de verán en pleno outubro

Publicado o 06/10/2017 14:27

A chuvia segue sen asomar pola previsión meteorolóxica. Non se ve nin pingueira para os vindeiros días. Así que nunhas horas empeza unha fin de semana de tempo seco, solleiro, e temperaturas que seguen sendo altas para o outono.

Toda Galicia permanece baixo influencia anticiclónica e, en consecuencia, as condicións atmosféricas destes días vanse manter.

É dicir, tempo apropiado para moitas actividades ao aire; como para os peregrinos. Apropiado e que sorprende a camiñantes que chegan tras semanas de ruta sen ter que poñer a roupa de auga e mesmo a algunhas horas pasando calor.

E así din que vai seguir nos próximos días. Estas condicións atmosféricas non son extraordinarias se botamos a vista a outubros recentes.

Con este panorama sen perspectiva de chuvia e no que a única auga que cae é a da billa, unha boa práctica é non desperdiciar nin gota.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí