CRTVG

Buscar

Nova fin de semana de festas e aglomeracións nocturnas en toda España

Publicado o 13/09/2021 14:15

O Born, Barcelona. Coma se non existise a covid. Noite de troula. A rúa chea e ninguén con máscara. Chegan os axentes de policía e nin con esas. Con paciencia e con calma conseguen ir despexando a zona e dispersando a aglomeración de xente. Non foi o único punto onde tiveron que actuar. Na praia da Barceloneta concentráronse máis de 2.500 persoas e no parque do Poble Nou outro milleiro celebra as festas do barrio sen seguridade.

Esta fin de semana eran as feiras en Salamanca, oficialmente suspendidas. Máis do mesmo, pero polo menos algúns utilizan máscara, aínda que sen respectar as distancias de seguridade. Cos locais de ocio nocturno pechados, milleiros de mozos e mozas ocupan as rúas. A policía tamén se ve obrigada a actuar para dispersar.

E así en moitas localidades españolas. Na localidade biscaíña de Galdácano un grupo de mozos recibiu a Ertzaintza lanzándolle botellas. Non quedou ninguén ferido e unha persoa foi detida pola súa participación nestes incidentes.





 

Noticias web

13/09/2021