CRTVG

Buscar

Nova edición do Resurrection Fest con redución de ocupación e un só escenario

Publicado o 28/08/2021 21:48

Público sentado e coa máscara posta. Así é este ano o Resurrection Fest, o festival que puxo Viveiro na esfera das citas do rock e o metal a nivel mundial e que este ano celebra unha edición limitada. O coronavirus impuxo normas que os asistentes acatan.

Vai en beneficio de todos, aínda que asistir a un concerto de rock e non poder moverse é totalmente atípico.

É a solución para manter viva a cita co rock internacional dun festival que o ano pasado se suspendeu polo coronavirus e que este ano viuse reducido a 3 días de concertos e non máis de 2.500 persoas de público. Con todo, non afectou o cartel dos grupos.

Un festival distinto que ten o reto de superarse na vindeira edición.

Noticias web

28/08/2021