CRTVG

Buscar

Nova edición da Feira de Antigüidades da Pontenova

Publicado o 06/12/2018 22:34

Non todas as modas pasan. Demóstrao o interese que espertan as feiras de antigüidades como a da Pontenova. Obxectos retro, vintage e antigüidades con moitos anos ás costas.

Se cabe, o interese por este tipo de artigos medrou nos últimos tempos. Adquiridos como elemento de contraste dentro dunha decoración de estilo contemporaneo ou ben como investimento. Un obxecto especial e conservado en bo estado aumentará o seu valor co paso do tempo.

Para ter na casa antigüiades non é preciso pagar prezos desorbitados. Hai pezas accesibles para todos os petos.

30 anticuarios e outros tantos artesáns participan na duodécima edición da Feira de Antigüidades da Pontenova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018