Nova crise política na UE polo veto de Hungría e Polonia aos fondos de recuperación
Publicado o 17/11/2020 15:30
Para mitigar os efectos económicos desta crise son cruciais os fondos europeos. Pero xa é oficial: chegarán máis tarde do previsto polo veto de Hungría e Polonia. Os ministros de Exteriores analizan hoxe a situación.
Están en xogo nada menos que 750.000 millóns de euros, 140.000 para España. O problema é que para poñer os fondos en marcha precísase unanimidade e, de momento, bloquean Hungría e Polonia, en protesta por condicionar as axudas ao respecto do estado de dereito.
Dáse por feito que se implicarán os xefes de Estado e de Goberno. Fontes diplomáticas falan xa dunha nova crise política e admiten tamén que as axudas non estarán listas para o un de xaneiro, como estaba previsto nun principio.