CRTVG

Buscar

Nova Zelandia aproba a legalización da eutanasia

Publicado o 30/10/2020 08:25

Nova Celandia aprobou a legalización da eutanasia. A través dun referendo o 65 por cento dos electores votaron a favor da implementación da Lei de escolla da fin da vida.

A norma entrará en vigor en novembro de 2021 e aplicaráse a quen teña unha doenza terminal e unha expectativa de vida de menos de 6 meses. Nova Zelandia únese a países como Bélxica, O Canadá, Luxemburgo e Holanda que xa permiten a morte asistida.

 

Noticias web

30/10/2020