CRTVG

Buscar

Nova campaña para previr os afogamentos de nenos

Publicado o 09/07/2021 08:42
Nova campaña para previr os afogamentos de nenos

Os afogamentos son unha das principais causas de mortaldade infantil, segundo a OMS. A campaña OjOPequeAlAgua foi posta en marcha pola Asociación Nacional de Seguridade Infantil e o Instituto Balear de Emerxencias de Socorrismo Acuático. Con ela se quere concienciar da importancia de non perder de vista os nenos pequenos cando se bañan na piscina, no río ou no mar. A maior parte dos afogamentos infantís acontecen cando hai un adulto nas proximidades. Un descoido duns segundos pode ter consecuencias fatais. De aí a necesidade de adoptar certas medidas de seguridade e unha vixilancia axeitada.

Noticias web

09/07/2021