CRTVG

Buscar

Nova campaña de Unicef pola vacinación infantil, que salva ao ano máis de dous millóns de vidas

Publicado o 20/10/2020 14:37

Fálase moito estes días da importancia das vacinas. Pero hai organizacións que levan décadas sendo moi conscientes desta importancia, e é que a vacinación infantil salva entre dous e tres millóns de vidas cada ano.

Unicef, maior distribuidora de vacinas do mundo, lanza unha nova campaña co apoio de David Bisbal para captar fondos que permitan incrementar esa taxa de vacinación infantil, interrompida ou demorada a causa da pandemia de coronavirus.

Noticias web

20/10/2020