Nova campaña da Garda Civil para reforzar a seguridade dos peregrinos no Camiño
A provincia da Coruña é onde máis atropelos de peregrinos se producen no Camiño de Santiago. Este ano non houbo ningún accidente debido a que a afluencia de peregrinos é moito menor, pero non se debe baixar a garda.
Diso intentan concienciar a asociación Stop Accidentes e a Garda Civil de Tráfico. Retoman a campaña 'Peregrina seguro' para alertar dos perigos que os camiñantes e os ciclistas poden atopar na estrada.
A principal recomendación é que se fagan ver, que empreguen pezas de roupa claras ou reflectoras para que os coches os detecten sen problema. Os cruzamentos do camiño coas estradas nacionais ou comarcais son os puntos máis perigosos.
A repartición de folletos con recomendacións e a entrega de chalecos reflectores son parte da campaña 'Peregrina seguro', da asociación Stop Accidentes en colaboración coa Garda Civil. Hai que advertir dos riscos.
Por iso as recomendacións son claras: primeiro facerse ver, levar pezas de roupa claras ou reflectoras e aínda que un estea moi canso non relaxarse ao cruzar a estrada.
Entre os peregrinos moi boa recepción desta campaña e algunha queixa recorrente dos ciclistas para os condutores dos coches.
Os folletos con todas as recomendacións aos peregrinos vainos seguir repartindo a Garda Civil por albergues e distintos treitos do Camiño.