CRTVG

Buscar

O voceiro de Ciudadanos nas Canarias abandona a formación desconforme co xiro á dereita do partido

Publicado o 06/08/2019 08:49

Continúa o goteo de desercións en Ciudadanos. O último, o voceiro e coordinador da formación laranxa nas Canarias. Mariano Cejas abandona Ciudadanos desconforme coa dirección e polo que considera xiro á dereita do partido. Segundo Mariano Cejas, estanse convertendo na marca blanca do Partido Popular.

O xa ex-coordinador di que non se poden presentar como rexeneradores e seguir pactando con Coalición Canaria. Critica tamén a expulsión de compañeiros por pactar cos socialistas en varios concellos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019