CRTVG

Buscar

Nova aplicación da Xunta para que os concellos protexan as aldeas con máis risco de incendios

Publicado o 14/08/2019 21:11

Case 220 concellos galegos solicitaron xa a súa adhesión ao convenio que protexe as aldeas con máis risco de incendios, para a limpeza da biomasa. A partir deste mércores dispoñen dunha aplicación informática que lles permite coñecer as parcelas que integran as faixas secundarias. Así o explicou o conselleiro do Medio Rural na súa visita ás parroquias priorizadas de Soutomaior, onde supervisou os traballos de roza.

"Agardamos que agora os concellos con esta aplicación informática poidan empezar a requerir aos propietarios que non fixeron esa limpeza no tempo que lles correspondía, que entren a limpar. Non buscamos sancionar nin reclamar máis custes, temos o único obxectivo de ter as nosas aldeas limpas e o máis protexidas posibles fronte aos incendios forestais", asegurou Xosé González, conselleiro do Medio Rural.

Hai uns 350 contratos asinados con particulares para executar a limpeza de faixas en 1.100 predios, unha cifra que medrou na última semana por riba do 52% no caso dos contratos, e nun 45% no dos predios. Identificar os terreos e o seu propietario, era un dos maiores problemas cos que se atopaban os gobernos locais. Unha tramitación administrativa que agora queda solucionada grazas á tecnoloxía, co obxectivo de protexer as aldeas contra o lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019